Codex Cinema estrean esta tarde os filmes “Altas capacidades” e “Eu créote”

Os Codex Cinema estrean este venres, os filmes “ALTAS CAPACIDADES” e “EU CRÉOTE”

“ALTAS CAPACIDADES”,  unha película soberbia e moi divertida, nominada á Biznaga de Ouro a Mellor Película, no pasado festival de Málaga.

Dirección: Víctor García León.

Sinopse: unha parella de clase media, ten a oportunidade de matricular o seu fillo nun colexio laico de elite. Para eles supón entrar en contacto coa clase alta, facer novos amigos, gañar máis cartos, e moitas máis vantaxes. Din que o fan polo fillo. Nesta fascinante contradición entre medos e principios morais, as aspiracións da parella levarán por diante o que ata entón era incuestionable.

A outra estrea da semana é “EU CRÉOTE”. Este filme gañou o premio Mellor Ópera Prima no 75 Festival Internacional de Berlín. No 22 Festival de Sevilla de cine europeo gañou o “Giraldillo de Oro”-Mellor Película, Mellor actriz e Mellor guión.

Dirección: Charlotte Devillers, Arnaud Dufeys.

Sinopse: Alice comparece ante o xuíz sabendo que non hai marxe de erro. Debe falar en nome dos seus fillos e enfrontarse ao seu pai pois a súa custodia está en xogo. Poderá facer que se escoite a  súa voz e protexelos antes de que sexa demasiado tarde?

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com