Esta semana os Codex Cinema estrean o filme “Viaxe cara o deserto”

Nova estrea nos Codex esta semana que proxectarán, ademais de outros filmes, a película “Viaxe cara o deserto”, é un filme sobrio e elegante e cun ritmo narrativo fluído, baixo a dirección de  Margarethe von  Trotta.

Sinopse: a extraordinaria e carismática Ingeborg Bachmann conquistou coa súa poesía o bastión dominado polos homes da literatura en lingua alemá. Atópase no cumio da súa carreira cando coñece ao famoso dramaturgo Max Frisch. O seu amor é apaixonado mais as friccións profesionais e persoais comezan a perturbar a harmonía. Cando Ingeborg ten problemas, os amigos están alí para axudala; entre eles, Hans Werner Henze e o mozo Adolf Opel, xornalista vienés e home de letras. Xuntos viaxan ao deserto e, nesta viaxe, Ingeborg atopa o camiño de volta a si mesma e, sobre todo, á escritura.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com