Colisión entre un coche e unha moto na Avenida da Coruña

Minutos antes do mediodía o 112 Galicia recibía un aviso por mor dun choque entre un turismo e unha moto na Avenida da Coruña. Como consecuencia do impacto, o motorista resultou ferido e necesitou asistencia por parte dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Cómpre sinalar que os particulares que chamaron ao 112 Galicia para dar conta desta situación indicaban que o motorista necesitaba axuda urxente. A maiores dos profesionais sanitarios, desde o 112 Galicia informouse aos axentes da Policía Local e avisouse aos bombeiros da cidade. Non obstante, o ferido estaba liberado e accesible.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Lucia Barcelos
    Ago 24, 2019 - 10:32 PM

    Rua Calamidad mais ben

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com