Comeza o Lugo Máxico 2025 con 28 actividades entre o 19 e o 24 de maio

O mago David Navares e o seu espectáculo “A Maxia dun Trotamundos”, protagonizou onte a primeira actividade de maxia na rúa na praza da Milagrosa, actividade que se pode desfrutar tamén hoxe, 20 de maio, ás 19:00 en Augas Férreas, 21 de maio ás 13:00 na praza Maior e ás 19:00 na praza do Castiñeiro e 22 de maio ás 19:00 na Mosqueira.

O Lugo Máxico 2025 conta con 28 actividades entre o 19 e o 24 de maio, incluíndo galas, actividades nos centros de ensino e a sesión de maxia do HULA que terá lugar  o venres 23 a partir das 13:00 cos magos David Méndez, Marcos Waldemar, David NAvares e Nacho Samena.

O Lugo Máxico contará con dúas galas, que se realizarán no auditorio Fuxan os Ventos. Mag Edgard presentará o seu espectáculo “Mutis e a Maxia” o 23 de maio ás 20:30 e o sábado 24 terá lugar a Gala Lugo Máxico cos magos Cayetano Lledo, Charlie Mag, Kiko Pastur, Celia Muñoz, Miguel Muñoz, Nacho Samena e Marcos Waldemar, a partir das 20:30.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com