Comezan as obras de reforma da residencia de maiores da Milagrosa

A Xunta de Galicia deu comezo ás obras de reforma da residencia de maiores da Milagrosa, en Lugo. O delegado territorial, Javier Arias, explicou hoxe no centro que a remodelación afecta tanto á envolvente térmica e á cuberta como aos espazos interiores, e busca
mellorar a eficiencia enerxética, a accesibilidade e o confort.

Entre outros traballos, construirase unha nova cuberta, executarase un sistema de illamento nos paramentos e substituiranse as carpinterías por outras con rotura de ponte térmica; ademais, amplíanse os ocos das ventás nas habitacións para permitir unha visión máis completa do exterior.

Levarase a cabo unha reforma integral do acceso principal, eliminando escaleiras e a rampla para dar lugar a unha plataforma única situada á cota da beirarrúa, o que permitirá recuperar espacio libre no exterior e crear dentro un vestíbulo de maior amplitude. Tamén se abrirá unha comunicación directa desde as instalacións ao recinto polo norte, para poder aproveitar mellor esta zona.

A nova ordenación do acceso posibilita a reestruturación e separación dos espazos destinados a recepción e control, sala de convivencia e sala de visitas. Tamén se propón a reorganización doutras dependencias para reubicar ou ampliar servizos, procurando que os máis utilizados dispoñan de luz natural. Ao respecto, realizarase unha reforma completa da iluminación con luminarias de baixo consumo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com