" />

Comezan os traballos de peonalización da rúa Quiroga Ballesteros

No día de hoxe comezaron os traballos de peonalización da rúa Quiroga Ballesteros, que consistiron na preparación da contorna para a circulación alternativa do tráfico e a protección da área a intervir. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, visitou estes traballos e afirmou que “con esta actuación contaremos coa práctica totalidade do casco histórico humanizado e convertido en espazo peonil”.

O proxecto inclúe a renovación do saneamento, as instalacións eléctricas e o alumeado público, ademais da renovación de rexistros e o mobiliario urbano para a nova rúa peonil.  A obra foi adxudicada á empresa Ovisa Pavimentos y Obras, cun orzamento de 732.000€, e ten un prazo de execución de 10 meses. No inicio das obras realizado hoxe, procedeuse ao corte da rúa ao tráfico e á preparación para o inicio dos traballos.

“No prazo dun ano a mobilidade no centro de Lugo terá como centro ás persoas coa conversión en áreas de paseo zonas tan emblemáticas como a Mosqueira ou Quiroga Ballesteros” afirmou Rubén Arroxo.

Cambios nas liñas de bus urbano

As liñas 7A e 8 mudarán o seu percorrido, como medida temporal até a entrada en funcionamento das novas liñas, que xa contemplan a peonalización desta rçua

As paradas da rúa Montevideo, da praza de Santo Domingo e da Rúa Castelao deixarán de ter servizo destas liñas, que pasarán a percorrer e realizar paradas pola Ronda da Muralla, Rúa Vilalba, Avenida Anxo López Pérez e Montero Ríos, onde continuarán co seu percorrido habitual.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    sanguealbivermella
    Set 14, 2020 - 02:59 PM

    @PEPELOPEOR Primeiro paso, sacar as mans dos bolsillos

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo