Con 75 novos positivos Covid detectados, a provincia volve a achegarse aos mil casos activos

996 casos activos de Covid 19 na nosa provincia. Un novo aumento de contaxios que mantén a Lugo en vilo. Logo de dúas xornadas rondando os 100 positivos detectados, nas últimas 24 horas o SERGAS informou da detección de 75 casos novos. Continúa así o aumento dos pacientes día tras día. Se botamos a vista atrás, hai exactamente un mes, o 15 de decembro, a provincia contaba con case a metade de caso activos. 470 era o total por aquel entonces e, cada día, descendía a cifra de xeito considerable.

Con todo, a presión hospitalaria manténse en cifras semellantes as de onte, con 32 pacientes covid en planta de hospitalización e 3 na UCI do HULA. Asemade, 37 persoas recibiron a alta médica nas últimas horas, sendo un total de 6918 as persoas que superaron a enfermidade na provincia. 

Doutra banda, na última xornada houbo que lamentar un novo falecemento. A vítima 155 da pandemia na nos provincia era un home de 79 anos usuario da residencia da terceira idade da Pastoriza.

E lembramos que hoxe arrancan as limitacións impostas pola Xunta de Galicia para a provincia así como o peche perimetral de Lugo, Vilalba, Viveiro e Xove; estes tres últimos concellos en nivel máximo de restriccións.

Noutro senso, os catorce tripulantes do palangreiro Mariscador, con base en Celeiro e que deron positivo en covid19 farán a corentena nas súas casas. Ata os seus domicilios foron xa trasladados onte os pescadores con residencia na Mariña onde tamén viven varios tripulantes extranxeiros do barco. O resto de tripulación, doutras partes de Galicia e Asturias, serán trasladados nas vindeiras horas ás súas vivendas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com