O Concello acondiciona a rúa do Freixo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, supervisaron esta mañá a execución do proxecto de acondicionamento da rúa do Freixo, que une Camiño Real e rúa Pontevedra, unhas obras que, conxuntamente, coas da rúa da Xesta teñen un orzamento de 86.000 euros, achegados por Deputación e Concello a través do Plan Único. As actuacións, que rematarán a vindeira semana, consisten na reposición do firme e a substitución das redes de abastecemento e saneamento.

Ademais das obras das rúas do Freixo e da Xesta, o Plan Único de 2017 inclúe a pavimentación das rúas Filgueiro, Mestre Méndez, Da Silva, Mazaira, Das Pías e un tramo da rúa Casas Vellas, todas no barrio de Abella; a pavimentación e servizos en rúa Fonmiñá e Piñeiral, nas Gándaras; a pavimentación e servizos en rúa Flor de Lis, en Abella; e a pavimentación e ampliación da rede de abastecemento na urbanización Bellavista, na parroquia de Esperante. A maiores, cos remanentes ampliarase a rede de abastecemento en Saamasas e pavimentarase a Ronda República Argentina e a avenida de Garabolos.

A Alcaldesa e o edil de Infraestruturas Urbanas destacaron que todas estas actuacións contribúen a mellorar as dotacións municipais e deste xeito a calidade de vida da veciñanza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com