O Concello activa hoxe a e-factura co que poderá rebaixar en ata 30 días o periodo medio de pago

As concelleiras de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico e de Concello e Cidadanía, Ana Prieto e Rosana Rielo, anunciaron que esta mañá que comezou a funcionar no Concello a tramitación integral da factura de maneira electrónica, un novo servizo tecnolóxico “que permitirá aforrar importantes custes económicos e reducir de maneira paulatina en polo menos 30 días o período medio de pago aos provedores”, o que, segundo afirmou Ana Prieto, mellorará a liquidez do Goberno Local. Coa e-factura, nome que recibe esta factura electrónica, o concello avanza cara a unha Administración ligada as novas tecnoloxías e ao servizo dos cidadáns e das empresas. 

Noutra orde, o Concello colabora cunha xornada de voluntariado ambiental no parque fluvial entre a Ponte Romana e o Pazo de Feiras e Congresos. Dita actividade, organizada pola Fundación Oxígeno, a Fundación Biodiversidade e Decathlon Lugo, terá lugar este domingo, 24 de setembro, de 17:00 a 21:00 horas.

Para o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, a tarefa de fomento dos valores ambientais e o traballo pola sostibilidade debe ser unha acción diaria e constante, por parte de administracións e da cidadanía, pero ás veces, dixo, “necesitamos pór o foco nun aspecto concreto, como neste caso que se centra na plantación de árbores e arbustos autóctonas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com