Concello e Deputación reciben do 50.000 máscaras máis que o Goberno facilita aos concellos

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, entregou hoxe á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e ao deputado provincial de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, outras 50.000 máscaras que facilita o Goberno aos concellos da provincia de Lugo. Remata así unha nova fase do reparto deste material sanitario que proporciona o Ministerio de Sanidade para o persoal dos servizos esenciais de concellos e entidades sociais lucenses.

Isabel Rodríguez informou de que “esta é a sétima campaña de reparto que leva a cabo o Goberno na provincia desde o comezo da pandemia, nas que levamos entregado máis de medio millón de máscaras tanto a concellos como a entidades sociais”.

A subdelegada entregoulle á alcaldesa de Lugo un lote de 15.000 máscaras e as restantes 35.000 recolleunas o deputado provincial de Promoción Económica e Social, porque a Deputación volve facerse cargo do operativo de distribución entre os concellos da provincia que teñen poboación inferior a 20.000 habitantes, tal e como acordaron o Goberno e a Federación Española de Municipios e Provincias.

A semana pasada Rodríguez fixo entrega de outras 28.000 unidades deste material de protección á Cruz Vermella, Fademga e Cáritas para a protección dos traballadores, voluntarios e persoas vulnerables ás que atenden estas entidades na provincia. A distribución de máscaras ás ONGs e as cantidades destinadas a cada unha delas é o resultado do acordo alcanzado entre cada organización e o Ministerio de Sanidade.

Desde o comezo da pandemia, o Ministerio de Sanidade repartiu na provincia de Lugo 506.500 máscaras. Os anteriores repartos fixéronse nos meses de novembro e decembro de 2020.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com