O Concello pídelle á Confederación que autorice a retirada do dique “o antes posible”

O Concello de Lugo redactou xa a orde de execución para a retirada da ataguía no Río Miño e solicítalle á Confederación Hidrográfica Miño-Sil que autorice esta actuación “canto antes”.

Así o sinalou esta mañá o voceiro do Goberno, Miguel Fernández, que pedía tanto á Confederación como á Xunta “que deixen de marear a perdiz” e permitan que a empresa Inca, que acometeu a obra, poida retirar esta infraestrutura antes de que remate o período de estiaxe. “Sería unha irresponsabilidade inadmisible poñer máis atrancos para que non se poida retirar, porque os técnicos aseguran que se esta estrutura perdura no tempo podería chegar a desmoronarse e crear máis trastornos”, sinalaba Fernández.

Neste sentido, o voceiro do Goberno local insta á Confederación e á Xunta a deixarse de “atrancos políticos” e pídelles que tomen unha decisión o máis axiña posible xa que “o tempo apremia e non podemos arriscarnos a pasar outro inverno con ese dique aí colocado, co risco que supón.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo