" />

O Concello propón 16 actividades dirixidas á xuventude no último trimestre do ano

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá os novos talleres para mozos e mozas de 14 a 35 anos, que o Concello de Lugo organiza para o que queda de ano. A entidade local oferta unhas 250 prazas para participar nunhas 16 actividades que se desenvolerán dende o
21 de setembro ata decembro na Casa da Xuventude. Tamén contempla distintas rutas, cuxo punto de partida tamén son as instalacións de xuventude.

Deste xeito, o Concello ofrécelle alternativas distintas á mocidade para que dedique o seu tempo de lecer en aprender novas habilidades mentres están en contacto con outros mozos e mozas da súa idade. Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse dende hoxe na Casa da Xuventude. O prazo de inscrición, que é diferente
para cada actividade, poden consultarse nas propias instalacións, como no 010 ou na web www.lugo.gal.

Grazas a estes talleres, os mozos e mozas terán a oportunidade, unha vez máis, de preparar os exames de inglés First, así como practicar pilates, baile latino ou familiarizarse coas técnicas da cociña. Tamén poderán realizar distintas andainas gratuítas de sendeirismo: a ruta da auga, a ruta da fervenza e a ruta das chousas. Un curso para personalizar tazas ou mochilas, outro para construír a marca persoal ou de realización de curtametraxes, así como de capoeira e acrobacias e teatro en inglés son outras das alternativas. O Horto Urbano da Casa da Xuventude tamén terá un espazo nestas actividades.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo