O conselleiro de Econom’a, Emprego e Industria, Francisco Conde, reunirase co comitŽ de empresa de Alcoa.

Conde espera que o Goberno de Sánchez fixe un marco enerxético para manter emprego en Alcoa

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, trasladou hoxe aos traballadores de Alcoa, á espera do resultado da asemblea do luns, todo o apoio do Goberno galego que, segundo afirmou, seguirá vixiante e, como ata o de agora, mantendo a mesma actitude proactiva, achegando propostas, para asegurar o futuro dos empregados.

Neste senso, o conselleiro agarda que o Goberno de Pedro Sánchez reaccione “nesta segunda oportunidade” establecendo un marco enerxético estable, predicible e competitivo para salvagardar o emprego da industria electrointensiva. “Hai que seguir traballando de forma intensa acelerando as vías posibles de solución”, apuntou.

De ampliarse o prazo ata o 30 de xuño, o titular de Economía indicou que é preciso seguir avanzando no que considera un paso fundamental e que debe aplicar o Estado: fixar un prezo competitivo da electricidade para este sector e así poder atopar un investidor disposto a facerse cargo das plantas de Alcoa e que, polo tanto, estea disposto a manter os postos de traballo.

Conde sinalou que o problema de Alcoa é un problema enerxético, polo que destacou que agora é o momento de que o Goberno central acelere ao máximo todas as vías posibles para que os traballadores e traballadoras de Alcoa poidan ter un futuro asegurado máis aló de xuño.

O conselleiro espera que o luns se ratifique o preacordo adoptado entre empresa e sindicatos, ao tempo que defende a necesidade de manter a mesma unidade de acción para seguir buscando solucións de futuro para as fábricas da Coruña e de Avilés. Indicou que a xuntanza celebrada hoxe permitiu identificar a importancia desta unidade de acción mantida ata o de agora e insistiu en que a Xunta seguirá colaborando “de xeito proactivo”. Para iso, sinalou a importancia de que o Ministerio para a Transición Ecolóxica se incorpore á mesa industrial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com