" />

Conde reivindica en Monforte o “potencial innovador e creativa” da Ribeira Sacra

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Monforte de Lemos na presentación dos VI Premios Semente, uns galardóns chamados a recoñecer o talento innovador de toda a comarca e a estimular a comunicación entre os concellos participantes para fomentar proxectos comúns.

Os Premios Semente creáronse en 2014 co propósito de prestar apoio ás iniciativas fundamentadas sobre a transformación do tecido produtivo de Monforte e centradas no desenvolvemento económico, e nas súas cinco entregas concorreron xa máis de 400 proxectos. Se ben nas anteriores edicións se limitaron ao concello de Monforte de Lemos, este ano o premio expándese a sete concellos da Ribeira Sacra, incluíndo Monforte, Chantada, A Pobra do Brollón, Sober, Pantón, O Saviñao e Bóveda.

O titular de Economía, Emprego e Industria destacou o esforzo dos emprendedores da comarca por fomentar un modelo industrial baseado na innovación, na sustentabilidade e na formación, asegurando así oportunidades de riqueza e emprego de calidade para toda a comarca.

Así mesmo, Conde salientou o compromiso da Xunta por apoiar o emprendemento. Isto reflíctese en iniciativas como os espazos de coworking realizados coa Escola de Organización Industrial (EOI), que en 4 convocatorias contaron coa participación de case un cento de emprendedores (97) con 82 proxectos, 32 dos cales xa comezaron a súa actividade industrial, creando ou mantendo 58 empregos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo