A Consellería de Economía mellorará o centro de Formación Ocupacional de Montirón

A Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá máis de medio millón de euros en distintas obras de mellora e novos equipamentos segundo a programación de actuacións previstas e aprobadas para este ano no Centro de Formación Ocupacional de Lugo, emprazado en Montirón.

Así o avanzou o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, no transcurso dunha visita ás instalacións, onde puido saudar ao alumnado e profesorado dos cursos que alí se imparten e ao cadro de persoal do centro. As principais actuacións consistirán na renovación da cuberta e substitución de carpinterías, e na subministración de equipamentos para os distintos obradoiros, en particular, un láser escáner e sete novas máquinas de soldadura.

Ao longo deste ano as instalacións do centro acolleron seis cursos, especialmente dirixidos a persoas en situación de desemprego, ás que se lles ofrece unha oportunidade de adquirir novas habilidades profesionais máis axustadas ás circunstancias actuais do mercado de traballo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo