A Consellería de Infraestruturas comeza obras de rehabilitación da estrada LU-642 no

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, desprazouse hoxe ata O Incio para coñecer as actuacións de rehabilitación da estrada LU-642, que acomete a Consellería de Infraestruturas e Vivenda no tramo comprendido entre O Hospital e A Ferrería do Incio.

As obras iniciáronse hoxe e contan cun investimento de 138.476 euros, segundo explicou Balseiro, que engadiu que “esta actuación terá continuidade coa intervención no tramo inicial da estrada, o comprendido entre Oural e Goó, que se prevé para os próximos meses”.

Polo que respecta aos traballos que se abordan na actualidade, afectan a algo máis de 6 quilómetros e prevese que estean rematados neste mes de xuño. Así mesmo, mellorarase a sinalización horizontal e vertical.

Estas obras realízanse a través do contrato de conservación ordinaria e vialidade da zona sur, que tamén contempla accións de rehabilitación localizadas do pavimento ao longo do trazado da estrada, alí onde sexan precisas, para manter as adecuadas condicións de vialidade ata que se executen os proxectos de intervención previstos.

O delegado territorial explicou que “a Xunta realiza un importante esforzo para manter en boas condicións as infraestruturas viarias, xa que resulta fundamental para conectar os territorios e facilitar o seu desenvolvemento económico e social”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com