" />

Consumidores poden solicitar dende hoxe descontos de 30 euros para mercar no pequeno comercio

A Xunta de Galicia abre hoxe o prazo para que as persoas interesadas poidan solicitar os bonos con descontos de 30 euros para mercar no pequeno comercio, no marco do programa Bono Activa Comercio que impulsa a Vicepresidencia económica dentro das medidas para reactivar o sector.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou varias tendas da cidade para informar sobre os detalles desta iniciativa, que ten aberto ata o 15 de maio o prazo para que se inscriban os comercios rexentados por autónomos e pemes. Neste momento xa se adheriron na provincia de Lugo 474 establecementos. Arias estivo acompañado polo presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e a presidenta da Federación de Autónomas de Lugo, Marta López, entre outras persoas.

A Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación habilitou a plataforma bonosactivacomercio.gal para que os negocios se inscriban na campaña e reciban un distintivo para colocar nun lugar visible dos seus locais. No mesmo sitio web os clientes poden darse de alta e descargar os bonos, ademais de consultar a listaxe de comercios nos que poden obter os descontos.

O bono terá formato dixital a través dun código QR e funcionará mediante unha aplicación para descargar no móbil. A contía da rebaixa dependerá do valor da compra: por un gasto igual ou superior a 30 euros descontaranse 5 euros; e por un gasto de 50 euros ou máis descontaranse 10 euros.

Arias explicou que a iniciativa pretende fomentar as vendas e forma parte do plan de apoio ao comercio galego impulsado pola Xunta, que tamén inclúe o bono para mellorar as instalacións eléctricas de pemes e autónomos e as axudas para a substitución de electrodomésticos nos fogares.

Por último, o delegado salientou o “gran esforzo que está a facer este sector adaptándose de forma exemplar ás medidas anticovid” e apuntou que desde a Xunta “estamos a adoptar distintas medidas de apoio para tratar de paliar as mermas nos ingresos como consecuencia da crise sanitaria”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo