" />

Continúa a baixar o número de casos activos na área sanitaria de Lugo

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade notificou un total de 38 novos positivos por coronavirus na área sanitaria de Lugo nas últimas 24 horas e aínda que son 4 máis que onte, logo das altas producidas o número total de casos activos na provincia sitúase en 901 (41 menos que onte).

En canto ao número de casos activos de coronavirus en Galicia baixa dos 10.000 e sitúase en 9.289; deles 3.032 son da área da Coruña, 901 da de Lugo, 713 da de Ourense, 1.270 da de Pontevedra, 1.375 da área de Vigo, 1.045 da de Santiago e 953 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 163 están en UCI, 577 en unidades de hospitalización e 8.549 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 99.013 persoas curadas, rexistrándose 2.164 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.615.905.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo