" />

Continúa en descenso o número de casos activos por Covid-19 e baixa o número de hospitalizados

Continúa a baixar o número de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo. Nas últimas 24 horas a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou de 34 novos positivos, que fan un total de 1129 casos activos na provincia. Tamén baixa o número de hospitalizados en planta, 11 menos que onte, e mantense sen cambios o número de hospitalizados en UCI, 26.

En canto ao número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 12.464; deles 3.844 son da área da Coruña, 1.129 da de Lugo, 1.109 da de Ourense, 1.634 da de Pontevedra, 1.935 da área de Vigo, 1.610 da de Santiago e 1.203 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 205 están en UCI, 746 en unidades de hospitalización e 11.513 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 94.400 persoas curadas, rexistrándose 2.124 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.585.669.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 137.736.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo