Está activo un incendio forestal no concello da Fonsagrada, na parroquia de Monteseiro, que se iniciou ás 15.30 horas de onte e que, segundo as últimas estimacións, afecta arredor de 90 hectáreas.
Para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 3 técnicos, 4 axentes, 7 brigadas, 7 motobombas, 3 pas, 6 helicópteros e 7 avións, segundo informa a Consellería de Medio Rural.
Dende o Concello da Fonsagrada informan de que non existe risco para as vivendas.