Continúa aumentando o número de contaxios por Covid-19 en Lugo

Un día máis segue a aumentar o número de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo, cun total de 604 casos positivos. A cifra de novos contaxios nas últimas 24 horas é de 57 e a maioría de novos infectados pertencen a Lugo capital, de aí as novas restriccións que afectan á cidade, e moi especialmente  ao barrio da Milagrosa, onde se aplican medidas máis restrictivas tal e como informabamos no día de onte, como limitación de reunións privadas ata un máximo de 5 persoas e a prohibición de que bares e cafeterías poidan servir no interior, limitándose a atender nas terrazas a grupos de 5 persoas. Os restaurantes poden servir no interior, a un máximo de 5 persoas por mesa.

En cantoa a Galicia, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou  na súa última actualización, que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.294;  deles 1.376 son da área da Coruña, 604 da de Lugo, 300 da de Ourense, 205 da de Pontevedra, 209 da área de Vigo, 473 da de Santiago, e 127 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 112 en unidades de hospitalización e 3.167 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.438 persoas curadas, rexistrándose 638 falecementos. Os dous últimos foron o dunha muller de 85 anos que estaba ingresada no CHUAC e o dun home de 71 anos que estaba ingresado no CHUO. Ambos tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 327.257.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com