" />

Continúa aumentando o número de positivos por Covid-19 con 17 novos casos activos na área sanitaria de Lugo

Nas últimas 24 horas a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade notificou 17 novos casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo, o que suma un total de 321 infectados pola Covid-19.

En canto ao número de casos activos de coronavirus en Galicia tamén seguen aumentando cun total de 2.452 nas últimas 24 horas,  146 máis ca onte;  deles 1.236 son da área da Coruña, 321 da de Lugo, 212 da de Ourense, 141 da de Pontevedra, 155 da área de Vigo, 274 da de Santiago, e 113 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 70 en unidades de hospitalización e 2.370 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.956 persoas curadas, rexistrándose 633 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 305.847.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo