" />

Continúa baixando o número de afectados pola Covid-19 na área sanitaria de Lugo

39 casos activos menos nas últimas 24 horas son os datos que facilita a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade na área sanitaria de Lugo. Nas últimas horas déronse 58 altas e houbo 19 novos positivos (5 deles correspondese co brote na área de traumatoloxía do Hula), o que fai que sexan 855 os infectados por coronavirus na provincia.

En canto ao número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.361; deles 1.403 son da área da Coruña, 855 da de Lugo, 463 da de Ourense, 413 da de Pontevedra, 364 da área de Vigo, 689 da de Santiago, e 174 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 26 están en UCI, 201 en unidades de hospitalización e 4.134 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 14.670 persoas curadas, rexistrándose 676 falecementos. A últimas persoas falecidas foi unha muller de 80 anos que estaba ingresada no CHUO e un home de 76 anos que estaba ingresado no CHUAC. Ambos presentaban patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 384.735.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    ABP en Infantil
    Set 11, 2020 - 11:18 PM

    Subirá ahora con la apertura de los colegios

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo