Continúa lento pero estable o descenso de casos Covid na provincia

Continúa o descenso de casos Covid na provincia de Lugo, de forma lenta pero estable logo de días de grandes caídas nas infeccións activas. Así, no último informe do SERGAS con datos recabados ata as 6 da tarde do día de onte, se rexistraban un total de 427 casos, 29 casos menos que no día de onte. 

Sen embargo, este descenso non se ve reflexado no tocante á presión asistencial. No informe do SERGAS rexistrábase onte un caso de covid máis en unidades convencionais de hospitalización, e o mesmo número de persoas na UCI do HULA, a única que conta con pacientes covid na provincia. Así, mentres en planta se rexistran 23 casos, na unidade de críticos permanecen 14.

Por centros, o Hospital Lucus Augusti é o que maior número de pacientes covid mantén en planta de hospitalización cun total de 19; pola súa banda, o outro hospital da provincia que conta con casos covid é o de Monforte que hoxe amencía con 4 pacientes con infección activa. 

Doutra banda, no número de contaxios rexistrouse hoxe un repunte, chegando ata as 11 pcr positivas. Non é de estranar, logo das 12 do luns, malia que no día de onte só detectaran 3 positivos novos. Unha cifra pouco usual.

Dende o inicio da pandemia, na provincia de Lugo faleceron 214 persoas, aínda que, en cifras oficiais, son 206, xa que non contan aos pacientes lucenses que foron desprazados a outras provincias. Por outra parte, no lado positivo, dende o pasado ano son xa 11.092 as persoas que superaron a enfermidade.

Alivio das restricións na provincia

E todo isto, nun día no que o Comité Clínico volveuse reunir para analizar a evolución dos datos relativos ás infeccións e así valorar un novo alivio nos Concellos que leven cifras de mellora. Así, segundo informou hai uns minutos o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, o Comité decidiu levantar o peche da área sanitaria de Ferrol e manterá pechadas a da Coruña e a de Pontevedra- O Salnés. Comesaña asegurou que os datos son bós pero pediu prudencia.

No tocante á provincia de Lugo o Comité Clínico levantou os peches de Guitiriz e O Corgo, e mantén o nivel dous de alerta só en Guitiriz, Lourenzá e A Pobra do Brollón. Estas medidas poderían entrar en vigor a partires do venres. De todas formas, o conselleiro insistiu en que a apertura do venres pasado todavía non tivo incidencia ningunha nos datos polo que este venres volverán a analizar a tendencia para poder tomar outras decisións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com