" />

Continúa o descenso de casos activos na provincia, logo dunha fin de semana con máis de 40 altas médicas e tan só 21 positivos

O último balance do SERGAS deixao craro, a incidencia do virus na provincia continúa remitindo e é que os datos desta fin de semana revelan unha gran melloría no que a número de casos se refire. Así, nas últimas horas, segundo informa o SERGAS a cifra de infeccións activas descendeu ata ás 151, moi lonxe das 175 do venres ou, incluso, das 199 que se informaban o pasado luns. 

E aí non queda a cousa, dende o pasado venres descendeu de xeito importante o ritmo de contaxios. Mentres que o xoves se detectaran na provincia un total de 14 positivos, entre as tres xornadas da fin de semana, venres, sábado e domingo, Lugo sumou un total de 21 positivos, deles 9 foron detectados no día de onte.

Con todo, a presión hospitalaria subiu lixeiramente durante o sábado, día no que se rexistrou un ingreso novo no HULA. Así a provincia conta hoxe cun total de 3 persoas ingresadas na planta de hospitalización do Lucus Augusti mentres que unha persoa permanece na UCI do mesmo centro. O resto de hospitais da provincia seguen, unha xornada máis, libres de casos covid. 

En total, dende o inicio da crise sanitaria, 12.729 persoas recibiron a alta médica na provincia, 44 delas, durante a fin de semana. 

E na Deputación de Lugo, o servizo de prevención, está a realizar na xornada de hoxe novas probas de detección da covid a todas as persoas e servizos da institución provincial que o pasado martes tiveron contacto co cineasta Oliver Laxe, que resultou positivo esta fin de semana.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo