Continúa o descenso de contaxios e infeccións activas con tan só 2 positivos novos nas últimas 24 horas

Continúa o descenso significativo de casos Covid na provincia. Dende o venres e ata hoxe rexistránrose 69 casos activos menos; no último informe do SERGAS, con datos recompilados ata as 6 da tarde do día de onte, informaban dun total de 304 casos activos. Do mesmo xeito, baixa tamén a cifra de contaxios diarios, malia que a primeiros de semana non fai regra, pois sempre se rexistran menos positivos durante a fin de semana, o certo é que na última xornada tan só se detectaron por PCR 2 casos novos. 

Sen dúbida, boas novas que tamén se ven reflexadas na ocupación da UCI. Malia que en planta houbo unha lixeira suba de casos covid, con 25 pacientes en total, o certo é que na unidade de críticos do HULA, baixou considerablemente a cifra durante a fin de semana, dos 13 pacientes covid do venres hoxe tan só quedan en UCI 8. 

Por hospitais, en planta, continúa a rexistrar a maioría dos pacientes o Lucus Augusti con 16 infectados covid, o Hospital de Monforte hoxe amencía con sete pacientes e o da Mariña continúa con dous. 

Por último, neste repaso de datos, esta fin de semana houbo que lamentar un novo falecemento. Trátase dun home de 79 anos que finaba no HULA o pasado venres.

Estas cifras danse o mesmo día no que entraron en vigor novas restriccións para algúns concellos lugueses. ¡Guitiriz e Lourenzá, malia a mellora nas cifras, continúan en nivel II de restriccións, o nivel medio; a eles uniuselles esta madrugada o Concello de Paradela, que viu empeorada a súa situación a finais da pasada semana. 

Do mesmo xeito, o municipio da Pobra do Brollón que o venres presentaba unhas peores cifras con respecto ao pasado martes, tamén amencía hoxe noutro nivel de restriccións, o primeiro. Esto quere dicir que este concello lugués permanecerá pechado perimetralmente e non se permitirá a apertura da hostalería ou as reunións de non conviventes. 

Mañá volverase reunir o comité clínico e seguirá analizando os datos por concellos para continuar ou non co alivio das medidas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com