Continúan a remitir os positivos detectados na provincia nunha xornada de gran aumento da hospitalización

A provincia de Lugo semella que comeza a mellorar a súa situación no que a Covid se refire. Se ben os casos activos, polo momento continúan en aumento, o certo é que o primeiro síntoma de mellora dos datos é sempre o descenso no ritmo de contaxios. Así Lugo leva amosando unha baixada deste baremo dende o xoves 30 de decembro cando se detectaban 620 positivos novos, unha cifra que foi variando día a día, con subidas e baixadas ata o pasado mércores 5 de xaneiro que na provincia se rexistraban 563 positivos e que, dende ese momento, non deixaron de baixar.

Así, segundo o último informe do SERGAS, con datos recabados ata as 6 da tarde de onte, a provincia rexistrou 273 positivos novos, lonxe xa dos 563 do mércores e, incluso, dos 365 da xornada anterior.

Coa suma destes positivos, Lugo rexistra hoxe un total de 6875 casos activos, de novo, unha cifra nunca vista na provincia, que leva semanas marcando récords. Do outro lado da balanza, está o gran aumento de altas médicas. E é que, se ben, nas últimas xornadas íanse rexistrando unha media de 70 altas diarias, no día de onte 255 persoas recibiron a alta médica tras ser diagnosticados de Covid-19. Con eles xa son 22.721 as persoas que poden dicir que superaron o Coronavirus na provincia.

Con todo, e como se viña advertindo nos últimos días, a presión hospitalaria está a sufrir un gran aumento, outro sinal (poñendo o ollo sobre anteriores vagas) de que Lugo achégase ao final desta sexta vaga. Así, nestes intres, a provincia conta con 49 pacientes covid ingresados, 5 deles na UCI do Lucus Augusti e 42 en planta repartidos nos distintos hospitais públicos da provincia: 26 no HULA, 8 na Mariña e 8 en Monforte.

E, dende o inicio da pandemia, en Lugo faleceron 265 persoas tras ser diagnosticadas positivo en Covid19.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Ese_u
    Xan 10, 2022 - 08:41 PM

    Home, era o que faltaba, que sin facer PCR’s, por enriba subisen os positivos detectados….#noncola

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com