Continúan a suba de casos activos de Covid, cun leve aumento tamén na presión asistencial e un novo falecido na provincia

A provincia de Lugo continúa a rexistrar un importante aumento de casos Covid. Aínda lonxe das cifras doutras provincias galegas, o certo é que no día de hoxe a nosa rexistra un total de 810 infeccións activas, 32 máis que no día de onte. 

Asemade, aumenta tamén a presión hospitalaria con catro ingresos novos en planta. O Hospital da Mariña continúa a ser o que máis ingesos rexistra con 13 pacientes Covid en planta de hospitalización, outros 8 están no HULA e o Hospital de Monforte conta con outros catro pacientes. No tocante ás unidades de críticos contan con 2 pacientes, un menos que no día de onte. 

Por último, hai que lamenta hoxe dous novos falecementos, sumando un total de 153 vítimas do virus dende o inicio da pandemia. Trátase de dous anciáns de 91 e 99 anos que presentaban patoloxías previas e que foran trasladados ao Centro Galego de Desenvolvemento Integral, en Santiago dende o Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro, de Ribadeo. Estes dous falecementos non se sumaron ás cifras oficiais relativas á provincia de Lugo por terse producidos en Compostela.

O que sí mellora lixeiramente é a curva de contaxios logo de que nas últimas 24 horas se rexistraran 38 novos casos, 12 menos que no día anterior. En total son 6815 as persoas que superaron a Covid19 en Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com