Continúan as infraccións por incumprimentos das medidas COVID-19 na cidade

Sobre as 18:30 horas do día 3 de outubro un indicativo de Policía Local de Lugo pertencente á Unidade Territorial de Policía de Barrio observa no estacionamento disuasorio da chaira de Renfe a un grupo de mozos realizando “botellón”. Ao detectar a presenza da patrulla botan a correr, abandonando varias botellas de alcol, pero foron interceptados pola dotación policial, procedendo á identificación de SEIS mozos, todos menores de idade (un mozo de 14 anos, tres de 15 anos e dous de 16 anos), polo que se propón a todos eles para sanción por infracción á Lei de Saúde de Galicia, informando destes feitos aos seus proxenitores.

Sobre as 1:25 horas do día 4 detéctase un botellón no anfiteatro universitario do Campus, no que participaban varios mozos que ao detectar a presenza dos axentes foxen do lugar á carreira, abandonando unha torre de altofalante de considerables dimensións que é recollida polos axentes e depositada en dependencias policiais.

Sobre as 1:35 horas do día 5 detéctase botellón en Augas Férreas, sendo identificados TRES mozos aos cales se lles propón para sanción por infracción á Lei de Saúde de Galicia.

Asemade levantáronse tres actas por infracción á Lei de Saúde de Galicia na rúa Teatro, Rolda do Carme e Avenida da Coruña ao sorprender a dúas persoas que transitaban pola vía pública sen facer uso da máscara.

Tamén na madrugada do día 3 ao 4, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo levantaron tres actas por infracción á Lei de Saúde de Galicia en tres locais de hostalaría por superar o aforo establecido. Os locais sitúanse en Julia Minguillón, rúa Milagrosa e Salvador de Madariaga.

Na rúa Salvador de Madariaga levantouse acta por infracción á Lei de Saúde de Galicia nun local por acharse aberto ao público con clientes no interior sendo as 1:25 horas, cando a normativa da Consellería da Xunta establece como hora límite de peche dos locais de hostalaría ás 1:00 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com