Continúan as tarefas de arrefriamento da zona cero do incendio do CEAO

Continúan as tarefas de arrefriamento da zona do incendio que se sucedía no Polígono do Ceao o pasado domingo e que deixaba completamente calcinadas tres naves e afectaba a outras tantas empresas da contorna. A chuvia coa que amencía hoxe a cidade daba un respiro aos servizos de emerxencias que non dubidaban en considerar que chegaba tarde. O propio calor dos productos que están a consumirse continúa a producir fume na zona cero que continúa acordoada. Segundo explicaba esta mañá a rexedora da cidade, Lara Méndez, actualmente o corpo de bombeiros está a traballar en pequenos focos localizados entre os entullos, ao tempo que se están a arrefriar as zonas afectadas para que a Policía Científica poida entrar a efectuar o seu labor.

Pola súa parte, os empresarios afectados xa anunciaron que continúan traballando dentro das súas posibilidades; así a Asociación de Empresarios dos Polígonos do CEAO e As Gándaras ofrecía onte os seus medios e recursos, entre eles as propias oficinas da asociación para que os afectados polo lume poidan desenvolver as súas labores así como asesoramento xurídico e laboral. A esto uniuse a colaboración dun empresario lucense que cede dúas naves da súa propiedade e una finca para aqueles afectados que o precisen totalmente de balde.

E ata o lugar dos feitos desprazouse onte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo quen visitaba a zona cero para coñecer de primeira man os danos rexistrados e avanzou o apoio da Xunta para facilitar a recuperación da actividade. Así, Feijóo sinalou que, así que as aseguradoras fagan o seu traballo, a Xunta estará  a disposición das empresas tanto para asesoramento como para garantir circulante e préstamos inmediatos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com