" />
Desinfeccion HULA

Continúan en aumento os casos activos por Covid-19 con 27 novos positivos na área sanitaria de Lugo

Nas últimas 24 horas a área sanitaria de Lugo rexistrou 27 novos positivos o que fai un total de 786 casos activos por coronavirus. Este aumento debese ao borte da residencia de Outeiro de Rei que onte rexistrou 21 positivos. Asemade hai que lamentar o falecemento de tres persoas que estaban ingresadas no Hula, dúas mulleres e un home de idades comprendidas entre os 84 e os 96 anos e que presentaban patoloxías previas.

Cabe salientar que no día de onte fixéronse 170 probas PCR no Concello do Incio. Segundo a información facilitada pola Consellería de Sanidade todas deron NEGATIVO. Ningunha persoa do cribado está contaxiada pola covid-19.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.847 deles 1.387 son da área da Coruña, 786 da de Lugo, 362 da de Ourense, 250 da de Pontevedra, 269 da área de Vigo, 644 da de Santiago, e 149 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 156 en unidades de hospitalización e 3.677 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.879 persoas curadas, rexistrándose 648 falecementos. As últimas persoas falecidas foron un home de 82 anos, que estaba ingresado no CHUAC; dúas mulleres de 94 e 86 anos que estaban ingresadas no HULA, e un varón de 84 anos, tamén ingresado no HULA. Todos eles presentaban patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 344.011.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo