Contratadas as obras de construcción da residencia da terceira idade na Casa da Botica de Guitiriz

A residencia da terceira idade de Guitiriz, comeza a ser xa unha realidade. Así o explicou esta mañá a alcaldesa da localidade, Regina Polín, acompañada da edil de Benestar, Laura Ageitos eo presidente da Deputación, Darío Campos, quen informaron de que a Xunta de Goberno provincial vén de aprobar a contratación das obras de construcción deste centro de maiores que se creará na Casa da Botica da localidade Guitiricense.

A Alcaldesa subliñou que “non podedes imaxinar o que supón chegar a isto despois de 12 anos loitando contra todas as circunstancias que se deron. No 2015, me presentei como candidata á Alcaldía, principalmente, para facer realidade esta residencia. Este é o broche de ouro. Queda algo moi importante para Guitiriz nun edificio histórico: unha residencia para os nosos maiores no centro da vila como sempre defendín”.

A residencia na Casa da Botica ofrecerá ata 52 prazas, pois hai 26 habitacións que poden ser dobres. Seguindo o modelo de Deputación e Concellos, os veciños de Guitiriz terán prioridade de acceso, logo os dos restantes municipios da Comarca da Terra Chá e, seguidamente, lucenses en xeral. Do mesmo xeito, o prezo da praza adaptarase á capacidade económica de cada maior para que todos poidan acceder á mesma.

Cóntanse cos permisos de Concello, Fomento e Patrimonio, quedando pendente só o informe favorable da Xunta para poder iniciar a execución das obras que se espera resolver nos vindeiros días. O conxunto final da edificación da Casa da Botica constará de tres plantas e disporá de 26 habitacións individuais para uso normal, que poden converterse en habitacións dobres, e 1 habitación, a maiores, para uso de enfermería por residentes que  precisen unha atención sanitaria importante.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com