Lugo monumental

Convocado o concurso de escaparates do Nadal de Lugo Monumental

A Asociación de Empresarios Lugo Monumental, convoca o concurso de escaparates do Nadal entre os seus asociados coa finalidade de colaborar na decoración festiva do centro histórico de Lugo.

Participantes e duración: Poderán participar os asociados que estean ao día das súas cotas.  Para iso só deberán enviar unha fotografía do escaparate ao correo asociacion@lugomonumental.es indicando o seu desexo de participar.

Tomaranse en consideración os escaparates instalados entre o venres 15 de decembro de 2023 e o venres 5 de xaneiro de 2024.

Premios:  Establécense tres premios en efectivo:

Primeiro premio: 300 euros.

Segundo Premio: 200 euros.

Terceiro premio: 100 euros.

Xurado:  O xurado será nomeado pola Xunta Directiva de Lugo Monumental, e a súa composición farase pública co fallo do concurso. Convidarase a formar parte do xurado ao titular do establecemento gañador da edición anterior que, en todo caso, non poderá participar na presente. Salvo o establecido no punto anterior, os membros do xurado non poderán ser asociados de Lugo Monumental salvo o secretario, función que exercerá o Presidente da Asociación, e que non terá nin voz nin voto na deliberación.  A decisión do xurado será emitida por maioría de votos emitidos e o fallo será inapelable.

O titular do establecemento gañador do concurso de escaparates 2023, será convidado a formar parte do xurado da Edición de 2024 en caso de levarse a cabo. En todo caso, non poderá participar no concurso da devandita edición.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com