" />

A corporación recibe a Gómez Noya tras gañar o premio Princesa de Asturias

Representantes de todos os grupos da corporación municipal participaron esta mañá no Concello de Lugo na recepción ao triatleta Javier Gomez Noya, recentemente galardoado co premio Princesa de Asturias dos Deportes.

Gomez Noya, actuamente federado no Club de Tríatlon Cidade de Lugo Fluvial, sinalou que escolleu a nosa cidade para realizar tamén a preparación dos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro.

A este respecto, o campión mundial de tríatlon eloxiou as instalacións coas que conta a cidade para practicar este deporte e agradeceu o apoio de todos os lucenses agora e ao longo destes anos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo