Corte ao tráfico en diferentes rúas da cidade esta fin de semana

O Concello de Lugo informa de que o próximo sábado 26 de setembro entre as 16:00 e as 20:00 horas está prevista a celebración do XVI Gran Premio Ciclista San Froilán 2015, proba deportiva que descorre integramente pola Avenida de Ramón Ferreiro, no treito comprendido entre a Praza de Irmáns Pedrosa ata a Rúa Cambria en ámbolos dous marxes, motivo polo cal se dispoñerá un plan de tráfico que consistirá no corte das rúas que acceden ao treito afectado de dita avenida. Dispoñeranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.

Doutra banda, o domingo 27 de setembro dende as 12:00 e ata as 13:30 horas aproximadamente está prevista a celebración do Día da Bicicleta 2015. Para garantir a seguridade dos participantes e dos usuarios das vías afectadas, procederase ao corte puntual das mesmas e dos cruces afectados.

Dito evento transcorre polas seguinte rúas:  Saída: Praza Maior.

  • Praza Maior por diante do Colexio Franciscanos.
  • Bispo Aguirre por diante do Círculo das Artes.
  • Zona peonil da Ronda da Muralla en dirección á Rúa Vilalba.
  • Rúa Vilalba.
  • Avenida de Ramón Ferreiro.
  • Xiro á esquerda fronte á Rúa Pintor Corredoira, realizando un cambio de sentido e volvendo pola Avenida de Ramón Ferreiro.
  • Rúa Anxo López Pérez.
  • Ronda da Muralla, concentración e parada de reagrupamento fronte á Mosqueira.
  • Ronda da Muralla.
  • Avenida da Coruña.
  • Parque da Milagrosa, accedendo ao mesmo pola porta principal da Avenida da Coruña.
  • Atravesarase o parque circulando polo seu interior ata chegar fronte á Piscina Municipal, onde se fará concentración e parada de reagrupamento fronte á mesma.
  • Rúa Monte Faro.
  • Avenida Duquesa de Lugo.
  • Chegada: Centro Comercial As Termas.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com