" />

Corte na estrada LU-621 o vindeiro martes entre Láncara e Valdriz

A estrada LU-621, entre Láncara e a urbanización de Valdriz, rexistrará un corte de tráfico desde o martes para avanzar no seu acondicionamento e na execución da nova senda.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de retomar estas obras, unha vez acometido o desvío da liña de evacuación da central hidroeléctrica e obtidos os permisos necesarios.

O citado tramo permanecerá pechado á circulación nos vindeiros 4 meses, aínda que se axilizarán os traballos para minimizar o tempo do corte todo o posible.

O desvío do tráfico é preciso para acometer a mellora do trazado coa rectificación da curva anterior á ponte, que require da realización de pequenas voaduras.

Tamén se efectuará simultaneamente a ampliación da plataforma da ponte, incluído as canalizacións e cruces de servizos como o saneamento.

A senda consta de 460 metros de lonxitude e desenvólvese pola marxe esquerda da estrada. Os primeiros 400 metros constrúense en formigón coloreado cun ancho de 2 metros. Nos últimos metros atópase a ponte sobre o río Neira, que será ampliada mediante unha lousa de formigón.

Ademais ampliarase a plataforma da estrada, que pasará dos 5,5 metros actuais a 7 metros; mellorarase o trazado da vía na entrada á ponte, coa ampliación do radio da curva; e reformarase a intersección que existe no acceso á urbanización de Valdriz, construíndo unha glorieta neste punto para facilitar os xiros en condicións de seguridade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo