Corte no servizo da Rede Municipal de Subministración de Auga previsto para hoxe 18 de xullo

O Concello de Lugo informa de que hoxe, 18 de xullo, procederá a cortar durante a tarde o servizo na Rede Municipal de Subministración de Auga en: Rúa San Roque dende a Rolda da Muralla ata a rúa dos Paxariños.

A Brigada de Augas estima que o servizo quedará restablecido esta mesma xornada. O Concello pide desculpas á cidadanía afectada polas molestias que lles ocasione este corte de auga.

Por outra banda, dende o Concello comunican que xa quedou restablecido o servizo na Rolda do Carme e praza Fonte dos Ranchos, que debido a unha avaría nunha acometida particular, tivo que procederse a cortar durante esta mañá o servizo na Rede Municipal de Subministración de auga.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com