Creación da Unidade de Ictus no Hula antes de final do ano en curso

O vindeiro martes día 29 de Outubro, celébrase o DIA MUNDIAL DO ICTUS, unha enfermidade de aparición brusca e que cada ano está a deixar miles de afectados ou falecidos (15.382 persoas falecidas no ano 2018) sendo a primeira causa de falecemento nas mulleres e unha das primeiras tamén no home. Temos tamén informacións alarmantes, como que cada SEIS minutos prodúcese un ICTUS en España, ou que Galicia sófrese arredor de 8.000 ao ano, na provincia de Lugo esta enfermidade afecta ao redor de 800 persoas, tamén cada ano. O alarmante desta situación está a xerar ano tras ano importantes campañas preventivas en todo o mundo e igualmente na maior parte do noso país, o que non vemos en Galicia, onde a prevención e o tratamento van á cola de España, sen que o Sergas trate de poñer remedio.

Na nosa provincia do mesmo xeito que en Ourense, aínda non foi creada unha unidade de ICTUS no Hula, (carecendo dun servizo de Neuroloxía para as 24 horas do día máis todo o que implique a unidade), o que volve supoñer un trato de terceira aos cidadáns da provincia de Lugo.

Por iso, a Federación Provincial da Asociación de Veciños de Lugo e a súa propia Plataforma en Defensa da Sanidade e Especialidades do Hula, poñen en marcha un novo movemento social para que este hospital DISPOÑA DUNHA UNIDADE DE ICTUS as 24 HORAS DO DÍA, debendo darse os pasos para iso antes do 30 de Decembro do ano en curso e poñer en marcha de forma inmediata o funcionamento da Unidade, da que dispoñen xa unha maioría dos pacientes galegos. O ICTUS é unha enfermidade de secuelas evidentes, se temos que trasladar un enfermo á Coruña, o doente sufrirá secuelas importantísimas se é que se mantivo vivo despois de 100 km. ou máis de viaxe e ao redor dunha hora de traslado. Esperamos que esta chamada non vaia ao saco roto nos órganos de xestión do Hula nin na Consellería de Sanidade.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com