" />

Cs advirte que o Concello encamíñase cara un “endebedamento crónico”

A voceira municipal de Cidadáns no Concello de Lugo, Olga Louzao, criticou esta mañá a xestión económica levada a cabo polo Goberno local. Louzao advertiu de que o Concello encamíñase cara un endebedamento crónico froito da ausencia dun proxecto de cidade e como consecuencia da falta dunha planificación do gasto racional. Entre as cifras dadas pola edil da formación laranxa, no ano 2020 o Concello ingresou 80 millóns de euros e gastou 89,6, un desequilibrio que, segundo defende Louzao, débese a unha pésima planificación.

Así o constatan os técnicos municipais no informe sobre a liquidación do orzamento de 2020 que se acaba de coñecer.  O Interventor municipal sinala literalmente neste informe que “os estados de execución orzamentaria en materia de ingreso, en relación a exercicios precedentes, reflicten un importante estancamento na súa evolución, completamente diferente a evolución ascendente en materia de gastos, amosando un preocupante horizonte”.

“A esta situación xa de por si mala, hai que sumarlle o irremediable aumento do gasto corrente cos novos contratos do servizo de recollida de lixo e de transporte público que a pesar de ser necesarios supoñerán un maior desequilibrio orzamentario para o que o Concello non está preparado. Levamos tempo advertindo de que o deseño dos orzamentos do partido socialista levan a Lugo a un endebedamento crónico. Este endebedamento traducírase a medio prazo ou ben nunha redución de servizos  prestados ou nun aumento da carga fiscal sobre a cidadanía para equilibrar as contas como así recoñece o Interventor no seu informe. Non existe outros escenarios”, dixo.

Louzao considera que está situación empeorará nos próximos exercicios. “O bipartito está utilizando a financiamento europeo para realizar proxectos efectistas cuxo gasto de mantemento e persoal non está contemplado polo que este desequilibrio irá en aumento nos próximos exercicios ata chegar a unha situación insostible. Por poñer un exemplo sinxelo da situación: falan da construción dun centro de coliving ou dunhas caldas artificiais na contorna do río, pero os gastos derivados destes novos equipamentos non están previstos. O mesmo sucede coas obras xa en proceso de execución como o edificio Impulso Verde. A obra faise con financiamento europeo pero o Goberno local está a gastar nunha instalación que haberá que manter e dotar de persoal sen prever o impacto que terán as arcas municipais e o que é aínda peor, sen darlle un uso definido máis ala dunha sala de reunións e un espazo expositivo”, proseguiu.

A voceira de Cs sinalou considera que o peor de todo e que este endebedamento que hipotecará o futuro do Concello non se debe a un grande programa de investimentos, se non a un mal deseño dos mesmos. De feito no exercicio que acaba de finalizar a inversión total reduciuse a 6,9 millóns de euros o que supón 68,9 euros por habitante. “Por exemplo, de todos os fondos europeos que o Concello percibe e nos que a alcaldesa basea toda a súa xestión coa súa ‘política de anuncio’, como os proxectos Life, DUSI, ou Europa Direct, soamente investíronse 694.093 euros”,concluíu.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Luis Díaz
    Mar 03, 2021 - 03:52 PM

    Uffff… huele a presa del PP.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo