Cs busca entrar na Deputación para “pór orde” na institución e “acabar co circo”

Os candidatos de Cidadáns nos distintos concellos do Partido Xudicial de Lugo; Olga Louzao (Lugo), Luis Álvarez (Sarria), Manuel Varela (Outeiro de Rei), Javier Vila (O Corgo) e Manuel Rivas (Láncara), acompañados do coordinador da agrupación en Lugo, Juan Vidal-Pardo, presentaron esta mañá diante da Deputación as súas propostas para a institución provincial e anunciaron que “Cidadáns non renuncia a estar na Deputación e proponse entrar na institución provincial para poñer orde e acabar co circo vivido nestes últimos catro anos”.

“O PP, o PSOE e Martínez puxeron en evidencia claramente neste mandato en que consiste a vella política e demostraron que é necesario reformar as Diputacións provinciais“, argumentou Juan Vidal-Pardo, que dixo que “é necesario que entre aire fresco na Deputación de Lugo, igual que nos Concellos, unha renovación que representa Ciudadanos, para airear a casa e rexenerar a política que PP e PSOE levan facendo desde a Deputación”.

Para o coordinador de Cidadáns a nivel provincial, “o PP e o PSOE levan 40 anos usando a Deputación de maneira caciquil demostrando un desprezo absoluto polos cidadáns da provincia de Lugo, usando unha institución que é de todos para as súas pelexas internas“.

Juan Vidal-Pardo dixo que Cs naceu para levar a cabo unha rexeneración política despois de 40 anos de bipartidismo e para acabar cos privilexios, polo que, dixo, “non estamos dispostos a permitir o esperpento vivido na Deputación, convertida nestes catro anos nun auténtico circo”, do que responsabilizou “por igual” a Martinez, o PP e o PSOE e a Darío Campos “por permitilo”.

O coordinador puxo como exemplo do “uso partidista e caciquil da Deputación” o que definiu como “becerrogate”. “Hai pouco máis dun mes desapareceron misteriosamente cinco becerros lustrosos e mantidos con cartos públicos na Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación, para unha churrascada electoral do alcalde de Pol, que casualmente é quen leva a Granxa Gayoso Castro na Deputación”, denunciou Juan Vidal-Pardo.

Fronte a esa maneira de usar a Deputación, os candidatos de Ciudadanos polo partido xudicial de Lugo propuxeron implantar “servizos mancomunados entre Concellos” para “mellorar servizos aos veciños como a recollida de lixo, o abastecemento de auga ou o transporte público reducindo os custos”.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Cuen Tedás
    Mai 21, 2019 - 12:07 PM

    Fascists go home

    Reply
  2. Avatar
    José Manuel González Díaz
    Mai 20, 2019 - 07:48 PM

    Otra vaca no millo.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo