Cs censura a “nefasta xestión” do goberno local en materia de persoal

A voceira municipal de Cidadáns, Olga Louzao, censurou hoxe a “nefasta xestión” que o actual goberno local está a levar a cabo en materia de persoal. “Os últimos acontecementos son consecuencia da inacción socialista ao longo dos últimos 8 anos. Contamos cuns servizos municipais mal dimensionados e iso repercute de forma directa na calidade dos servizos que se prestan aos cidadáns. Falta iniciativa política para corrixir a situación e falta tacto», sinalou a edil da formación laranxa.

Louzao culpou directamente aos dirixentes socialistas do Goberno municipal como responsables da saturación dos servizos. “Eximir responsabilidades estase convertindo nun perigoso hábito por parte dos membros do Goberno quen descargan a súa responsabilidade directamente sobre os funcionarios, especialmente nos xefes de servizo, para tapar os seus propios fracasos”, apuntou. “Se este Concello funcionou ata agora, é grazas aos seus traballadores. É inxusto sinalalos”, afirmou.

O grupo municipal de Cs considera que o xerme deste “mal endémico” na adminitración local é a actual Relación de Postos de Traballo (RPT). “Temos unha RPT totalmente obsoleta que non se adecúa á realidade da vida diaria do Concello. Están demostrando que non teñen a capacidade para afrontar esta importante reforma. O bloqueo que sofre o Goberno tradúcese nun deterioro progresivo do funcionamento dos servicos. Agora bótanse as mans á cabeza, pero era evidente que, sen tomar cartas no asunto, isto ía pasar”, dixo.

Louzao advertiu de que a situación estase enquistando en moitas áreas e desvelou que a falta de organzaición tradúcese en conflitos entre os traballadores. “Como muestar diso temos os problemas que viven os funcionarios da banda municipal de música, onde a día de hoxe a situación parece ireconducible”, concluíu. “No pasado mandato vivimos a situación insolita de asistir a unha folga de funcionarios. Levamos tempo advertindo que este concello reina a anarquía en materia de persoal. O abandono é total: ademais da RPT están a paralisis en materia de contratación de persoal, os sistemas para fichar aínda non están operativos, as horas extras se acumulam, etc.”, puntualizou a portavoz.

O grupo municipal de Cs considera inadmisble que nos sete primeiros meses deste ano autorizáronse un total de 3.379 horas extra. “É a evidencia palpable de que os departamento están mal dimensionados e que a atención que se presta aos veciños e veciñas é deficiente. É máis, é a evidenica de que o Goberno municipal esta incumpliendo de forma reiterada a Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público”, sinalou a edil. Louzao considera que é “urxente e necesario” sacar as ofertas de emprego público, nalgúns casos, conxeladas desde o ano 2016. “Sacar estas convocatorias é o primeiro paso para corrixir esta deriva”, finalizou.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Rafael
    Out 11, 2019 - 11:33 AM

    Ciudadanos, it’s the question!! Que bonito habla esta mujer, y que poco se parece a lo que hace. Menos mal que ahora ya no son ni “llave” ni “pechadura”, no tienen capacidad de influir en el bloqueo brutal que hicieron la legislatura pasada ccon su sindicato Agora, si el de su hermano. Los regeneradores de la politica municipal , lo de ahora es regenerar, poner todo patas arriba y si hay alguien de los suyos, que los habrá seguramente y cobrando por encima de sucategoria, vease el Alguacil, ex concejal de Ciudadanos y más fundadores, y más sindicatos, y mas y mas amigos del ” lobby” , es lógico que Olga Louzao salga a la palestra a despotricar. Querían Rpt pero la que salió no les valia a los intocables, a los que según el informe que publicó la prensa superaría el límite de irregulares en los tres sindicatos del NO, Cig, Uso,Agora.
    Vaya a dar lecciones de ètica a otra parte señora Louzao!!
    Si los lucenses no la pusieron de llave, por algo serà.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com