" />

Cs denuncia que o Concello non aplicará o 3×2 nas prazas destinadas a residentes nos aparcadoiros municipais

O concelleiro de Cs, Juan Vidal-Pardo, denunciou esta mañá que o Goberno local non ampliará as prazas destinadas aos residentes-cesionarios ao igual que se está a facer co resto de prazas nos aparcadoiros de Santo Domingo, praza de Ferrol e praza da Constitución dentro do proxecto de repintado e conversión de prazas 3×2.

“Non entendemos esta decisión da rexedora que constitúe un agravio para os 50 veciños afectados por esta medida e que lonxe de mellorar a calidade do servicio está a xerar un novo problema. Esiximos unha rectificación. É necesario que o Goberno local xustifique esta decisión que non responde a ningún criterio técnico. Consideramos que este Goberno esta a priorizar os beneficios da empresa concesionaria fronte aos intereses e dereitos dos cidadáns de Lugo”, sinalou o edil da formación laranxa.

Ademais Vidal-Pardo denunciou durante a súa intervención deficiencias no funcionamento dos aparcadoiros da praza da Constitución, praza de Ferrol e Santo Domingo. “Gustaríanos saber como xustifican Méndez e Arroxo que o sistema de extracción de fumes no aparcadoiro subterráneo de Santo Domingo non funcione de forma correcta desde hai anos, segundo denuncian os propios usuarios deste aparcadoiro. Descoñecemos quen é o responsable municipal da concesión dos aparcadoiros e que funcións ten. Incomprensiblemente, o goberno local está a mirar para outro lado no que se refire o funcionamento destas instalacións”, proseguiu.

“Non temos constancia do número de inspeccións técnicas municipais, se que existiu algunha, nestes aparcadoiros e con que periodicidade se están a realizar por parte do Concello. O PSOE e o BNG deben respostar sobre as queixas máis comúns por parte dos usuarios como a falta de vixilancia presencial en determinados horarios. Así mesmo descoñecemos canto se está a recadar e quen se beneficia dos ingresos pola publicidade que se vende nestes subterraneos de titularidade municipal, xa que esta publicidade non está regulada a día de hoxe”, dixo.

“Do mesmo xeito que non sabemos como están reguladas por parte do Concello as tarifas de aboados mensuais que ofrece a empresa concesionaria dos aparcadoiros municipais. Algo que supón unha clara deixación de funcións e deixa totalmente desprotexidos a este tipo de usuarios ante calquera problema. Na actualidade non existe un departamento concreto onde os afectados poidan dirixir as súas queixas, denuncias ou suxestións. É necesario que o Goberno local regule todos estes aspectos”, concluíu Vidal-Pardo, quen pedirá unha investigación municipal e a máxima transparencia neste asunto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo