" />

Cs esixe melloras na seguridade viaria do barrio de Magoi

A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, esixiu esta mañá ao Goberno local que se execute melloras de seguridade viaria no barrio de Magoi. “O crecemento poboacional e o progresivo aumento do tráfico experimentado no último lustro fai necesario que se incremente a seguridade viaria neste barrio. Desgraciadamente nos últimos anos esta zona foi escenario de varios atropelos, algún con tráxicas consecuencias. Consideremos que é urxente incrementar as medidas de seguridade viaria que debería comezar polo repintado da sinalización horizontal na avenida de Magoi pola que levamos anos esperando malia xa estar contratada”, asegurou a concelleira da formación laranxa.

Outra mostra evidente desta falta de seguridade segundo Louzao son os semáforos sen regular na contorna do novo auditorio, onde os peóns son de novo os máis afectados. “Trátase dun cruzamento de catro vías no que os semáforos están sen regulación o que afecta de forma especial aos peóns que intentan cruzar posto que os vehículos transitan pola zona a velocidades moi altas para tratarse dunha zona urbana. Esta manifesta falta de seguridade débese á ausencia de vontade política e á falta de coordinación entre as distintas áreas de Goberno”, apuntou.

“Así mesmo, denunciamos en numerosas ocasións a falta de seguridade que supón o tapón urbanístico no cruzamento entre as rúas Ramos Misioné e Da Zarra. Un máis dos moitos que existen na cidade. A parálises na expropiación dunha parcela na marxe dereita da calzada converte a intersección nun auténtico funil desde fai décadas”, proseguiu Louzao. “Situacións como esta evidencian a falta de dilixencia do Goberno local e constatan o bloqueo que se está a vivir no área de Urbanismo. Trátase dunha obra de mínimo investimento que axilizaría o tránsito de vehículos e completaría o trazado urbano neste punto esquecido”, dixo.

“O cruzamento da avenida de Magoi con rúa do Valiño carece dun paso de peóns que conecte esta vía dobre á altura da residencia Abeiro, onde se atopa un dos principais supermercados da zona. O elevado tránsito de peóns que xeran os equipamentos situados a esta altura da mazá fai necesario regular o tráfico dunha forma efectiva para aumentar a seguridade viaria. Malia as numerosas peticións veciñais, o Goberno local non iniciou os trámites para levar a cabo esta mellora. Resulta rechamante que este punto sexa o único que carece de paso de peóns na zona malia ser o máis usado para cruzar a vía por motivos obvios co consecuente risco. Por isto, desde o Grupo municipal de Cs esíxeselle ao responsable da Concellería de Infraestructuras que tome cartas no asunto e que non eluda a súa responsabilidade”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo