Cs esixe que se adiante a saída matinal do bus para que sexa útil para os traballadores do Ceao

A voceira municipal de Cs Lugo, Olga Louzao, esixiu esta mañá ao grupo de goberno que adiante a saída matinal das liñas de bus urbano que comunican a cidade co Ceao para que este servizo sexa útil para os centos de usuarios que traballan no polígono. “Actualmente a primeira saída da liña 9 e 9A está prevista para as 8.15 horas desde San Roque. Sen dúbida, un horario que non se adapta en absoluto ás necesidades do tecido produtivo. Desde Cidadáns esiximos que o Goberno local tome as medidas necesarias para que os traballadores que se desprazan ao poligono cada mañá poidan chegar a tempo ao seu posto de traballo en transporte público”, asegurou a edil da formación laranxa.

“A falta de previsión e o desinterese amosado por este Goberno local en materia de transporte público lévanos á delirante situación de que o primeiro bus urbano chegue ao principal polígono industrial do municipio preto das 9 horas cando sería necesario que, como moi tarde, o primeiro servizo chegase a termino ás 7.30 horas para cubrir as necesidades dos traballadores. Esiximos unha actuación urxente”, declarou Louzao, quen ademais incidiu na deficiente conexión da cidade con este polígono co das Gándaras. “Só a liña 9 e a súa variante 9A comunica a cidade co polígono do Ceao de forma directa. Ambas parten de San Roque e praza do Rei. Consideramos que é necesario que existan liñas que comuniquen outros puntos da cidade co polígono industrial de forma directa. Parécenos inadmisible a actitude do Goberno local, quen non está facendo unha aposta contundente polo transporte público”, proseguiu.

Cs Lugo considera que na actualidade barrios como o da Residencia, A Ponte  ou O Carme, entre outros, están totalmente desconectados dos polígonos industriais. “Os lucenses non podemos esperar a que o Goberno local conclúa a súa proposta de novos itinerarios de transporte público. A conexión da cidade co polígono do Ceao leva anos sendo lamentable. Moitos veciños teñen dificultades para acceder ao seu posto de traballo en transporte público. Débense tomar medidas de forma urxente. Debemos cubrir as necesidades cidadás e camiñar cara a unha cidade máis sostible apostando claramente polo transporte público”, concluíu a portavoz municipal.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Teresa Pacios Valin
    Dec 10, 2019 - 07:33 PM

    Un cambio de horario e primeiro paso para que os autobuses desta cidade sexa funcional. Tal como está ahora para los trabajadores de las afueras no vale. Es el caso del hospital. Dan tantas vueltas que llegas antes a trabajar al CHUAC

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo