Cs insta ao Goberno a dinamizar o tecido produtivo

O concelleiro do grupo municipal de Cs Lugo, Juan Vidal, instou esta mañá ao Goberno municipal a tomar medidas para revertir o preocupante panorama ao que se enfronta Lugo en materia laboral. “Todos os indicadores sinalan unha clara desaceleración na economía que repercutirá no mercado laboral da nosa cidade sen ningunha dúbida. Ante esta previsión debemos apostar por fomentar a iniciativa empresarial, o emprendemento e o autoemprego”, asegurou o concelleiro da formación laranxa.

“Estamos perdendo autónomos na nosa cidade de forma preocupante. Entre decembro de 2018 e outubro deste ano déronse de baixa 500 autónomos na provincia, case 200 no noso municipio”, proseguiu Vidal. “Ante este panorama é inaceptable que no Concello de Lugo se tarde unha media de ano e seis meses en tramitar unha licenza urbanísitca. Quen pode afrontar a día de hoxe a apertura dun local comercial ou dunha oficina nova nesta situación?”, preguntouse o edil.

O grupo municipal de Cs Lugo considera fundamental introducir bonificaciones fiscais para dinamizar o tecido produtivo desde a Administración local. “As modificacións fiscais presentadas a semana pasada polo Goberno local para o 2020 non cambian nada. É unha reforma insuficiente que non repercutirá sobre o noso tecido produtivo nin dinamizará o noso mercado laboral. Esiximos iniciativas neste sentido e esixímolas de forma urxente”, sentenciou.

Ademais, en opinión de Vidal, a aposta do Goberno municipal por instrumentos de axuda ao emprendemento como viveiro de empresas ou o centro de coworking son moi timidas e de xeito evidente insuficientes. “Necesitamos que Lugo conte cunha actividade estable en materia de formación. Non podemos limitar a axuda ao asesoramiento e a realizar convenios. O Concello aporta só 40.000 euros ao ano para estas iniciativas. Dotar aos emprendedores de espazos para desempeñar a súa actividade por un tempo prudencial non inferior a dous anos servirá para que moitas desas incitativas saian adiante e así poder xerar negocio e emprego. Trátase de iniciativas de éxito contrastadas por moitas Administracións”, concluíu.

Para rematar o concelleiro de Cs sinalou que unha cidade como Lugo debe apostar polo I+D+I. “Temos un campus moi orientado ao sector agroganadero e forestal. Debemos aproveitar todo ese coñecemento para xerar riqueza. Lugo presenta as condicións idóneas para que se creen empresas de tecnoloxía orientadas ao sector primario. Non debemos deixar pasar esa oportunidade”, concluíu.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. El lobby
    Out 29, 2019 - 07:33 AM

    La unica opciòn decente y de centro. De centro, progresistas, socialdemocratas, de derecha, segùn pinte el día, ahora si DECENTE son palabras mayores . Esta gente de Ciudadanos ysus ac9litos en el Ayuntamiento, muchos menos de lo que eran por cierto, ya los caló la ciudadanía. Fueron capaces de mantener en el.puesto de concejal funcionario sin ruborizarse sabiendo que había conseguido un sueldo supuestamente ilegal sin la categoría necesaria.
    “El Lobby que maneja el Concello” revela la trama urdida por esta gente de Ciudadanos y su sindicato Agora. Pueden leerlo para ver como intentaron manejar los hilos , algo que sirvió para ver de que gente estamos hablando con Olga Louzao al mando.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com