Cs Lugo critica a “improvisación” do Goberno no proxecto das caldas artificiais do Miño

A voceira municipal de Cs, Olga Louzao, criticou con dureza esta mañá a “improvisación” do Goberno local en relación ao proxecto das caldas artificiais do río Miño que o executivo local prevé que entre en funcionamento ao longo do segundo semestre de 2021. “É inadmisible que se anuncie aos catro ventos este proxecto financiado ao 80% por Fondos Europeos cando aínda non existe unha previsión do gasto real que suporá o seu funcionamento. Non nos opoñemos ás caldas, opoñémonos á improvisación e ao despilfarro do Goberno local. É unha chapuza. Non se pode proxectar unha nova instalación municipal que sobrepasa o gasto de 300.000 euros sen saber canto custará mantelo”, afirmou a edil da formación laranxa.

“Hoxe mesmo, en resposta ás preguntas presentadas en comisión polo noso grupo, o concelleiro Miguel Couto recoñeceu que se descoñece o custo do equipamento e non existe unha previsión do que custará sufragar o persoal, a limpeza ou o mantemento desta infraestrutura. Só se sabe que o gasto aproximado en enerxía por quentar a auga con aerotermia superará os 10.000 euros. Unha previsión que multiplica a previsión do proxecto orixinal que contemplaba a alternativa da xeotermia”, dixo Louzao.

Dende a agrupación laranxa instan ao Goberno local a que realice un estudo de custos pormenorizado “para saber o custo real de xestión deste proxecto”; segundo indica Louzao, é “básico” coñecer este dato para saber cal será o importe do contrato de concesión e para que as empresas que opten á concesión poidan presentar ofertas reais e “deste xeito evitar que o equipamento non se abra por falta de ofertas ou que peche logo dun ano por falta de rentabilidade. Elaborar este estudo é o único modo de evitar problemas. Non queremos unhas caldas financiadas pola Unión Europea e pechadas por falta de viabilidade, xa que como asegurou na comisión o responsable do Goberno local o modelo de xestión será a través dunha concesión”, concluíu a portavoz.

Novas relacionadas

  1. Germán Bouso
    Xan 24, 2020 - 08:07 PM

    @CsLugo_ Denota falta de siso teimar nunha cousa innecesaria, de dubidoso interese público, e que est… https://t.co/EYtK4XCiJU

    Reply
  2. Carlos Fernandez Peleteiro
    Xan 24, 2020 - 03:08 PM

    Esto é Lugo e non damos aprendido, fanse as cousas para saír na a foto, e despois que podrézan…………

    Reply
  3. Luis Díaz
    Xan 24, 2020 - 02:52 PM

    ¡ bo !

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com