" />

Cs Lugo proporá crear un programa municipal de atención ás familias monoparentais

O concelleiro de Cs, Juan Vidal-Pardo, anunciou esta mañá que o seu grupo propoñerá no próximo pleno poñer en marcha un Programa municipal de atención ás familias monoparentais. “As consecuencias da actual crise sociosanitaria están tendo un impacto moi preocupante sobre as familais monoparentais. De feito o 42,9 % deste tipo de familias están en risco de pobreza a nivel nacional, unha situación que representa á perfección a situación que se vive en Lugo onde gran parte deste tipo de familias sobrevive grazas á axuda externa ao nucleo”, sinalou o edil da formación laranxa.

“Desde Cs vemos necesario que o Concello impulse iniciativas que revirtan a ausencia dun recoñecemento legal deste modelo de unidade familiar, xa que están instaladas nun limbo administrativo que as mantén en desventaxa comparativa ante as medidas urxentes excepcionais tomadas ante a crise do Covid-19”, opina Vidal-Pardo quen considera que unha mostra diso é a ausencia dun regulamente especifico que articule e protexa este modelo de familiar no noso concello.

Ante esta situación Cs solicitará ao grupo de Goberno poñer en marcha un Programa específico de atención ás familias monoparentais, que recolla, entre outras cuestións, o trato como familia numerosa con polo menos dous fillos, a condición de vulnerabilidade, garantía habitacional e axilización de trámites e burocracia para este tipo de nucleos famialres. Ademais propoñerá que o Concello consigne unha partida específica para proporcionar recursos para a conciliación, apoios domiciliarios puntuais para as saídas básicas, e posibles solucións de urxencia ante a imposibilidad de afrontar  pago de alugueres, hipotecas ou subministros.

O confinamiento e a posteriro crise sociosanitaria está evidenciano na nosa cidade o aumentado do grado de vulnerabilidade económica. “Estamos ao tanto de casos preocupantes na que a obrigación de traballar do proxenitor e as restricciones do confinamiento obrigaban a deixar aos menores completamente sos. Ademais moitos destes fogares non contaban coas condicións e medios adecuados como conexión a Internet, falta de dispositivos para que os menores poidieran realizar as súas tarefas escolares e continuar co curso académico como o resto de compañeiros» proseguiu. «Tamén recibimos durísimos testemuños de dificultades severas para afrontar gastos alimenticios e de subministros e de situacións crítica de proxenitores propietarios de pymes ou autónomos para facer fronte a pagos nos seus negocios. Por todo iso é necesario actuar. O Goberno local non pode permanecer indiferente ante esta realidade invisible para moitos”, concluíu Vidal-Pardo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo