Cs preséntase en Sarria “con ilusión” e cuidando o benestar dos seus veciños

Cidadáns Sarria preséntase por primeira vez a unhas eleccións municipais en Sarria cun equipo equilibrado, no que se conxugan a experiencia e a mocidade, formado por profesionais de prestixio nos seus respectivos campos de traballo e capaces de xerar ilusión e confianza.

“Todos están dispostos a traballar día a día, de xeito conxunto, para sacar adiante este proxecto”, destacou o candidato de Cs Sarria, Luís Álvarez Rey.

Cs asegurou que Sarria está paralizada por culpa das loitas fratricidas internas e externas das outras formacións políticas.

“Están a entorpecer constantemente as iniciativas doutros grupos políticos e paralizando a vida municipal, ou están sumidos na apatía, o conformismo e o desinterese”, destacou o candidato.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo