Cs propón a creación dunha Mesa de Traballo para que o casco histórico sexa Patrimonio

A voceira municipal de Cs Lugo, Olga Louzao, propuxo esta mañá crear una mesa de traballo como ferramenta para acadar que o casco histórico sexa declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco. A proposta será elevada ao próximo pleno para que a corporación así o refrende. “O Comité de Patrimonio Histórico de España elabora unha lista indicativa, que hoxe conta con 30 propostas para presentar ante a Unesco, da que aínda non forma parte o noso casco histórico”, sinalou Louzao quen recordou que a canidatura enfrontase a duros competidores.

“Logo pasa polo Centro de Patrimonio Mundial, onde a candidatura é avaliada  antes de ser aceptada polo Comité de Patrimonio Mundial. Un proceso longo, no que cada expediente ten que ser moi exhaustivo, cumprindo todos os requisitos que esixe a Unesco, ata o ditame do seu informe final”, recordou a edil da formación laranxa.”Por iso é necesario que o Concello impulse unha estratexia, que contemple as distintas actuacións, medios e recursos necesarios, para poder presentar unha candidatura que logre superar todos os filtros”, dixo.

Deste xeito, Cs Lugo considera fundamental crear unha Mesa de Traballo que impulse a proposta do casco histórico. Este órgano debe contar coa participación política das distintas administracións, Concello, Deputación e Xunta de Galicia, e das entidades representativas da sociedade lucense, así como de particulares que pola súa traxectoria profesional poidan aportar experiencia e visión crítica.

“A candidatura necesita de impulso político xa que serán precisos investimentos importantes no casco histórico para acadar o obxectivo final”, apuntou Louzao. “Preparar unha proposta en condicións óptimas require de moito traballo previo, e necesario dispoñer dun ben en perfectas condicións, estamos no momento correto para comezar a traballar cunha meta concreta: que o casco histórico de Lugo sexa recoñecido como Patrimonio da Humanidade”, apuntou.

“A candidatura do casco histórico de Lugo a Patrimonio da Humanidade conta na actualidade co consenso social e político necesario para iniciar ese proceso. Pero non será unha tarefa sinxela nin se acadará nun breve espazo de tempo”, afirmou a concelleira. Asemade, Louzao asegurou que a proposta ten destacados “competidores”, entre eles algúns galegos, como as Illas Atlánticas, e mesmo un lucense, como é o caso da Ribeira Sacra “que desexamos que prospere”. Ademáis outras cidades españolas, como León ou Burgos,  tamén aspiran ao mesmo recoñecemento que Lugo. “Só unha candidatura de cada un dos 187 paises pode prosperar, distas, a Unesco só estudiará 35. É unha quimera pensar que se pode acadar este recoñecemento sen que exista un traballo coordinado entre as distintas administracións e o tecido asociativo”, concluíu.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Nov 26, 2019 - 07:30 PM

    Oxalá se poñan de acordo, polo ben de Lugo

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com