Cs proporá ao pleno un plan de alivio fiscal que mitigue os efectos da segunda vaga da Covid

Cidadáns anunciou esta mañá que proporá, no vindeiro pleno municipal, a execución dun plan de alivio fiscal que mitigue os efectos da segunda vaga da covid sobre a hostalería da cidade. “O pasado mes de maio propúxenos no pleno unha iniciativa similar que foi rexeitada polo grupo de Goberno. Avisabamos entonces de que esta crise debilitaría irremediablemente o sector hostaleiro da nosa cidade coas consecuencias sociais que iso implica e o Goberno local mirou para outro lado. Esta segunda ola da Covid leva aparellada unha ola adicional, de carácter económico, que ameaza con deixar nunha situación de vulnerabilidade a moitas familias. Polo tanto, esta administración debe adquirir un compromiso serio con este sector e poñer os medios necesarios para salvagardar as súas actividades”, sinalou a concelleira.

Louzao aposta por exencións fiscais non incompatibles con axudas directas. “Consideramos prioritario introducir modificacións para que os vehículos de uso profesional coa finalidade de realizar labor comercial e reparto de mercancías das empresas subministradoras do sector hostaleiro sexan bonificados no pago do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Do mesmo xeito, consideramos esencial modificar a Ordenanza 108 que regula a recollida de residuos sólidos urbanos para que os negocios que se viron afectados por este novo cese de actividade estean exentos de pagar este tributo”, dixo.

“Do mesmo xeito propoñemos modificar a Ordenanza 109 que regula o abastecemento do auga. Non é xusto que paguen pro un servizo que no consumen. Tamén é prioritario adaptar a 203, que regula o imposto sobre bens inmobles. Para rematar valoramos a posibilidade de introducir bonificacións na ordenanza 104 que regula a apertura de establecementos para fomentar a creación de novas actividades”, proseguiu.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Nov 13, 2020 - 11:06 PM

    Vedes? coma os do PP contan algo eiquí todolos días, os de Cs antes de voltar onde eles, (non lles queda outra) también de cuando en cuando nos cuentan sus cositas.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com